Menu

Vida E Obra De Xosé María Álvarez Blázquez


Autores


Resumen del Libro

Nun único volume que condensa as distintas e ricas facetas da súa obra literaria e as relaciona coa súa biografía, este libro é unha áxil e rigorosa introdución á figura e aos textos do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2008. Narrativa, poesía e artigos de xornal aparecen estreitamente vencellados ao seu labor como editor e estudoso da literatura. O seu autor, Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é profesor de Lingua e Literatura Galegas e ensaísta dedicado a temas literarios e artísticos. Entre as súas publicacións cómpre salientar traballos sobre Lorenzo Varela, Manuel Antonio ou Ramón Cabanillas. Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 – Vigo, 1985) foi un escritor polifacético (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador e editor. Como poeta cómpre destacar os seus libros Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioeiro de Monfero (1953) e Canle segredo (1976). Como narrador en galego é autor dos contos de Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971). Foi fundador das editoriais Monterrey e Castrelos, fitos fundamentais para a normalización da nosa cultura nos anos do franquismo. Alén diso, cómpre salientar o seu labor como investigador en temas literarios e arqueolóxicos.


Opciones de descarga:


Comenta el libro

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *