Menu

Una Historia Del Arte Universal


Autores


Resumen del Libro

Durante os anos 1966 e 1967, Ramón Otero Pedrayo escribiu, en castelán, esta obra extensa ata agora nunca publicada. Escrita cun inconfundible estilo literario e baseada nunha cultura enciclopédica, abrangue a historia da arte desde a prehistoria ata o século XX, e salienta pola especial atención que o autor lle dedica á música, singularmente a Bach e a Mozart, cun capítulo sobre a música no Romanticismo no que se detén en Beethoven. Tamén cómpre destacar o interese que Otero Pedrayo amosa polo cinema, ao que considera a arte que caracteriza o século XX. Todo isto fai deste libro unha lectura de gran importancia para coñecermos mellor o pensamento do autor ourensán, o seu xeito de analizar a arte tendo en conta factores relacionados coa xeografía, coa identidade e co territorio, sen esquecer o papel da literatura como complemento e inspiración da expresión plástica.


Opciones de descarga:


Comenta el libro

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.