Menu

Empresa E Administración


Autores


Resumen del Libro

Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Empresa e Administración, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro. Empresa e Administración ofrece información sobre emprendemento e innovación, destacando o valor da innovación na actividade empresarial, e incluíndo a definición legal de persoa emprendedora e as características dos emprendedores. Tamén trata sobre o risco, como elemento asociado ao emprendemento e a innovación, sobre a oportunidade que para as empresas supón a súa internacionalización, e sobre as axudas e ferramentas existentes para emprender e innovar. Por outro lado, abórdase o concepto de empresa e empresario, coas formas xurídicas que máis frecuentemente se adoptan para o desenvolvemento da actividade empresarial, e mais os trámites que cómpre efectuar para constituír e poñer en marcha a empresa. Tamén se analizan a configuración do sistema tributario español e as principais obrigas fiscais da empresa. Por último, tras facerse referencia á separación dos poderes do Estado e as fontes do ordenamento xurídico, trátase sobre o réxime xurídico do sector público e a regulación que afecta ao persoal ao seu servizo. Ademais, analízase a actuación da Administración nas súas relacións cos cidadáns, abordando o concepto de acto administrativo e as fases do procedemento, así como as posibilidades de revisión das resolucións administrativas. Así mesmo, cada unidade inclúe variadas actividades propostas e gran cantidade de cadros de información adicional con exemplos reais e un práctico mapa conceptual que facilita o repaso. Para rematar, ao concluír cada unidade, ofrécense actividades finais de comprobación tipo test, de aplicación, e de…


Opciones de descarga:


Comenta el libro

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *