Menu

Obra Literaria Completa


Autores


Resumen del Libro

Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997, por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen contar con estoutra dimensión lingüística. A fins dos anos vinte, Fole comezou a escribir os seus primeiros poemas en castelán. Non obstante, non compilará nunca esta producción nun volume e mesmo non a dará a coñecer na prensa literaria e diaria ata moi avanzada a posguerra. Desde os anos cincuenta escribiu xa moi pouca poesía, aínda que foi precisamente nos últimos anos cando deu a coñecer e reeditou boa parte da elaborada antes, así como cando compuxo os seus escasos poemas en galego. Os tres volumes da súa Obra literaria completa, reúnen por primeira vez, xunto ao Fole máis coñecido e fundamental para a narrativa galega, aqueloutra obra en castelán que ata o de agora se atopaba dispersa e que ha axudar a comprender mellor a evolución da obra en galego e algunhas das influencias que a determinaron, amais de ampliar o retrato de Ánxel Fole cunha faceta indispensable da súa vida, a do profesional do xornalismo.


Opciones de descarga:


Comenta el libro

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *